Proxectos / Cuartel de San Fernando, Museo da Romanización de Galicia
- Promotor
- Concello de Lugo
- Estado
- Alcance da primeira fase entregado
O Cuartel de San Fernando, Ben de Interese Cultural desde 2009, está dentro da Muralla de Lugo, no lenzo norte, xunto á Porta de San Fernando. O Concello de Lugo vai rehabilitalo como Centro de Interpretación e Museo da Romanización de Galicia, a partir do proxecto básico e de execución de 2012.
En 2026 actualizamos o orzamento dese proxecto e definimos o alcance dunha primeira fase de obra axustada ao financiamento dispoñible, 4,30 millóns de euros IVE incluído, que achegan o Concello de Lugo e a Xunta de Galicia. Comprende o edificio anexo, cun auditorio de 90 prazas e unha sala polivalente; a praza axardinada sobre a súa cuberta, que une a rúa co patio do cuartel; a arqueoloxía; a cuberta de lousa; e as fachadas e as fiestras exteriores. O vídeo percorre as cinco actuacións.