Proxectos / Mellora do espazo público entre Carril das Frores e Montero Ríos
- Promotor
- Concello de Lugo
- Estado
- Concurso
Proposta á licitación do Concello de Lugo para a redacción do proxecto de mellora do espazo público na confluencia de Carril das Frores con Montero Ríos, á entrada do Camiño Primitivo na Muralla. Unha estrutura metálica con plataformas de madeira e trepadeiras volve marcar o volume do inmoble que ocupaba o soar; dentro, un ascensor de vidro e unha escaleira unen as dúas rúas, e na medianeira píntase a silueta da casa desaparecida.


