Aviso legal e privacidade
Titular da web
En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI):
- Denominación social: NOS-ARQUITECTURA E URBANISMO, S.L. (nome comercial: NóS Arquitectura e Urbanismo)
- NIF: B26885459
- Domicilio social: Ronda da Muralla 107, entreplanta. 27004 Lugo
- Correo electrónico: nos@nosarquitectura.es
- Constitución: escritura pública do 4 de marzo de 2026, autorizada polo notario de Lugo Manuel Ignacio Castro-Gil Iglesias (protocolo nº 924).
- Inscrición: Rexistro Mercantil de Lugo, folla LU-23010, inscrición 1ª (folio electrónico), do 10 de marzo de 2026. EUID ES27013.000246003.
Exercicio profesional
A actividade da sociedade son os servizos técnicos de arquitectura. Os traballos profesionais realízanos arquitectos colexiados:
- José María Alonso Carrasco, arquitecto. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), colexiado nº 3475.
- Patricia Pisón Villalba, arquitecta. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG), colexiada nº 4706.
Título oficial de Arquitecto expedido en España. As normas profesionais aplicables (Estatutos do COAG e Código Deontolóxico dos Arquitectos) pódense consultar en coag.es.
Condicións de uso
O acceso a esta web é libre e gratuíto. Quen a visita comprométese a facer un uso correcto dos seus contidos.
Os textos, fotografías, infografías, planos e deseños desta web son propiedade de NOS-ARQUITECTURA E URBANISMO, S.L. ou dos seus autores, e non se poden reproducir, distribuír nin modificar sen permiso por escrito. As imaxes de proxectos poden incluír traballos en colaboración; nese caso a autoría compártese cos colaboradores indicados en cada ficha.
Non nos facemos responsables dos contidos das webs doutras entidades ás que se ligue desde aquí.
Protección de datos persoais
Esta web non ten formularios nin pide datos persoais. Só tratamos os datos que nos envíes por iniciativa propia ao escribirnos por correo electrónico, conforme ao Regulamento (UE) 2016/679 (RXPD) e á Lei Orgánica 3/2018 (LOPDGDD):
- Responsable: NOS-ARQUITECTURA E URBANISMO, S.L., cos datos indicados arriba.
- Finalidade: responder á túa consulta e, se é o caso, preparar e xestionar o encargo.
- Base legal: o teu consentimento ao escribirnos e, se hai encargo, a execución do contrato ou das medidas precontractuais (art. 6.1.a e 6.1.b do RXPD).
- Conservación: o tempo necesario para atender a consulta e, se hai encargo, durante os prazos que esixa a lei.
- Destinatarios: non cedemos os datos a terceiros, agás obriga legal.
- Dereitos: podes solicitar o acceso, a rectificación, a supresión, a oposición, a limitación do tratamento e a portabilidade dos teus datos escribindo a nos@nosarquitectura.es. Se consideras que non se atenderon os teus dereitos, podes reclamar ante a Axencia Española de Protección de Datos (aepd.es).
A medición de visitas con Google Analytics só se activa se a aceptas: explícase na política de cookies.